Sorrisos sen fin este domingo coa Danza da choiva de Elefante Elegante
Por Cristina Saiz & Redacción
Dous personaxes recollen verduras na horta e sementan cereais mentres os paxaros tentan comer as sementes. Os protagonistas de 'Danza da choiva' deciden instalar un espantallo na horta para protexer a súa colleita. Nese momento comprobar que non teñen auga.
Así é o inicio do espectáculo da compañía Elefante Elegante que este domingo, en dobre sesión, divertiu a ducias de escolares e adultos que acudían ao Teatro Principal gardando todas as medidas de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias.
Esta montaxe cun fondo centrado no respecto medio ambiental relacionado co perigo da seca está dirixido por María Torres e Gonçalo Guerreiro, intérpretes tamén da historia, que obtivo o premio María Casares 2017 ao mellor espectáculo infantil.
As funcións desenvólvense dentro do ciclo de teatro familiar Domingos do Principal que programa para o vindeiro domingo 'Riquete el del copete', unha obra da compañía asturiana Higiénico papel Teatro. Este espectáculo trata a historia duns príncipes moi feos e moi listos nunha versión moi divertida do conto clásico de Charles Perrault.
As entradas pódense adquirir, de maneira anticipada, en Ataquilla.
Relacionadas:
-
Domingos do Principal recupera a historia de Jojo, o primeiro orangután rescatado da súa cautividade
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Un reencontro moi esperado cos Domingos do Principal
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Tres espectáculos de "Domingos do Principal", no aire polas novas restricións
Por Alejandro Espiño |
-
Elefante Elegante trae a Pontevedra a súa "danza da choiva" para animar Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Pasar unha boa tarde de domingo e, de paso, reflexionar todos xuntos
Por Cristina Saiz |
-
Domingos do Principal sube o pano con "Úniko", da compañía vasca Teatro Paraíso
Por Alejandro Espiño |
-
Dez semanas de teatro infantil sen interrupción nun Domingos do Principal que irá adaptando as butacas á pandemia
Por Natalia Puga |