Elefante Elegante trae a Pontevedra su "danza da choiva" para animar Domingos do Principal
Por Redacción
Que sucedería se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano. Para sempre. Ese é o punto de partida de A danza da choiva, da compañía galega Elefante Elegante. É a aposta de Domingos do Principal para este próximo 24 de xaneiro.
A obra representarase no Teatro Principal, como é habitual, en sesión dobre ás 12:00 horas e ás 18:30 horas. Ambas as funcións teñen aforo reducido pola covid-19.
A danza da choiva é un espectáculo sen palabras onde conviven o teatro xestual, a danza, a manipulación de obxectos e os monicreques cunha posta en escena poética e visual.
Premio María Casares 2017 ao mellor espectáculo infantil, a obra está recomendada para espectadores a partir de tres anos.