Longa vida ao Local de música!
Por Oskar Viéitez
O luns empeza unha nova tempada no Local de Música de Pontevedra. Cúmprense cinco anos de vida desta iniciativa pioneira no país que proporciona un espazo público municipal concibido para que os músicos noveis teñan un punto de encontro onde poder realizar actividades de ensaio, gravación, formación e información.
Un centro sociocultural na cidade cun nexo de unión: a música.
Polo edificio, situado nas antigas naves de Renfe, pasaron xa 225 grupos diferentes, 45 cada ano, son case 1.000 persoas apuntadas na base de datos do local. Foron máis dun centenar de actuacións.
O concelleiro de xuventude, Demetrio Gómez, e Diego Parajó, xerente da empresa Xeneme, encargada da administración do local anunciaron as tres principais novidades desta nova tempada entre as que destaca o obxectivo de converter o lugar de ensaio nun punto de referencia dentro do panorama musical pontevedrés.
Ademais melloráronse as instalacións, cun investimento de 6.000 euros incorporando novos instrumentos, micrófonos e equipos de gravación nos que se poderá gardar os ensaios ou mesmo crear unha demo ou maqueta que sirva de apoio antes de entrar nun estudo profesional.
E créase a figura dos "grupos amigos", que poderán realizar ensaios puntuais no Local.
Relacionadas:
-
#PontevedraFerve, os grupos do Local de Música xúntanse para analizar a situación da escena musical
Por Alejandro Espiño |
-
Preséntanse os '15 Bolos': ¡Qué Desilusión! teloneará a Mago de Oz
Por Alejandro Espiño |
-
33 bandas pontevedresas cun mesmo obxectivo: telonear un concerto das Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |