O colexio Marcos da Portela gaña o premio do Día das Letras Galegas que entrega a RAG

Por Redacción
O colexio Marcos da Portela, de Pontevedra, xunto ao ourensán Saco Arce de Toén e o coruñés Juan Fernández Latorre, acaba de proclamarse gañador da última edición do certame Contádenos o voso Día das Letras Galegas que concede a Real Academia Galega.
Os tres centros presentaron traballos relacionados coa vida e obra de Ricardo Carvalho Calero que implicaron a participación do alumnado e das súas familias durante o confinamento e a desescalada.
Os colexios triunfadores recibirán lotes de libros para ampliar o catálogo das súas bibliotecas. Ademais, desde a RAG poñen en valor o traballo dos profesores para elaborar materiais que fixesen posible aos estudantes completar os traballos desde as súas casas.
A obra realizada polos escolares do centro pontevedrés centrouse en realizar un percorrido pola biografía de Carballo Calero que mesturaron con recitais de poemas e lectura de fragmentos dos seus títulos en diferentes pezas audiovisuais gravadas durante a primeira onda da covid-19.
Noutra peza, adaptan o relato As pitas baixo a chuvia coa intérprete de lingua de signos do centro e presentaron un terceiro vídeo en consistentes en tres Pasapalabras sobre o autor adaptado a cada un dos ciclos de primaria.
Relacionadas:
-
As Letras Galegas recordarán á poeta e tradutora Xela Arias en 2021
Por Redacción |
-
O Museo retoma este mércores 23 o espectáculo 'Eterna e múltipla' coa poesía erótica de Carvalho Calero
Por Redacción |
-
A poesía erótica de Carvalho Calero, centro dun espectáculo audiovisual no Museo
Por Redacción |