Pasar unha boa tarde de domingo e, de paso, reflexionar todos xuntos
Por Cristina Saiz
Domingos do Principal arrancou este 17 de xaneiro coa primeira das obras incluídas na súa programación para este ano 2021, "Úniko".
O público que asistiu ao Teatro Principal puido coñecer a Paul e pasar un bo intre e, de paso, reflexionar todos xuntos acerca de temas como a convivencia, a educación, a autoestima, a tristeza ou o apego.
A historia que puxo sobre o escenario a compañía vasca Teatro Paraíso contou a historia de Paul, un neno que era fillo único, o rei da súa casa ata que naceu a súa irmá Irati.
A chegada da súa irmanciña provocará nel un medo para deixar de ser querido, ameazando a estabilidade familiar. Unha historia contada sen perder nunca o sentido do humor.
"Úniko" é un espectáculo que mestura as técnicas do monicreque e do teatro máis realista.
Polo escenario desfilaron Paul, os seus pais, a súa nova irmá Irati, a súa avoa, a mestra de Paul, incluso Richi un oso de peluche que actúa como alter ego da súa conciencia.
Que se prepare o público porque o vindeiro domingo a proposta tamén fará pensar, porque... que pasaría se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre. Esta é a pregunta que coloca A danza da choiva, un espectáculo sen palabras onde conviven o teatro xestual, a danza, a manipulación de obxectos e os monicreques.
Relacionadas:
-
Tres espectáculos de "Domingos do Principal", no aire polas novas restricións
Por Alejandro Espiño |
-
Sorrisos sen fin este domingo coa Danza da choiva de Elefante Elegante
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Elefante Elegante trae a Pontevedra a súa "danza da choiva" para animar Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Domingos do Principal sube o pano con "Úniko", da compañía vasca Teatro Paraíso
Por Alejandro Espiño |
-
Dez semanas de teatro infantil sen interrupción nun Domingos do Principal que irá adaptando as butacas á pandemia
Por Natalia Puga |