Máis de 2.100 escolares da provincia participaron no programa DepoRúARTE
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra ven de pechar a V edición do programa de arte urbano que a institución desenvolve cos centros educativos da provincia, DepoRúARTE que ten a finalidade de levar a cabo actividades coas que reforzar a conciencia pública do colectivo xuvenil e que cada edición involucra a centos de estudantes.
O ano 2020 non foi unha excepción. Malia os efectos da pandemia, o número de participantes na creación dos murais nos seus centros escolares non baixou e, un ano máis, se implicaron na escolla do lema, que no 2020 foi "Polo clima, pensando no 2030", no proceso de selección da temática, e na creación da acción. De feito, xa son 2.128 os mozos que participaron nestas cinco edicións do programa provincial.
O programa supuxo un espazo de encontro e sensibilización sobre os problemas relativos ao cambio climático e ás vulnerabilidades que este desencadea. Desta maneira, incidiuse na necesidade de comezar unha transición ecolóxica centrada na sustentabilidade ambiental coa que garantir unha xestión eficiente do capital natural do que dispoñemos.
Durante os vindeiros meses dará comezo á VI edición de DepoRuarte, que versará sobre a mesma temática e representará, unha vez máis, o compromiso da Deputación coa Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que a protagonizan.
Relacionadas:
-
A vida submarina, motivo do mural do IES Poio en DepoRuarte
Por Redacción |
-
Alumnado do IES de Poio inicia o DepoRúArte cunha xornada de concienciación ecolóxica
Por Redacción |
-
A iniciativa DeporúARTE seque enchendo a provincia de murais con mensaxe
Por Redacción |
-
Emerxencia climática, tema central do primeiro mural de Deporúarte no Príncipe Felipe
Por Redacción |