O pontevedrés Pablo Diego Dios presenta 'Alén', novela antropolóxica sobre a Galicia esotérica
Por Redacción
Pablo Diego Dios é un mozo pontevedrés de 22 anos, graduado en Relacións Internacionais, Socioloxía e Experto en Desenvolvemento polas universidades de Sâo Paulo, Jaguellónica de Cracovia e Complutense de Madrid.
Este mércores 30 de decembre ás 20.00 horas no Espacio Nemonon, en Vila Pilar, presentará o seu traballo 'Alén'. unha obra coa que acadou a subvención do 'Arquivo Documental e Bibliográfico para a Preservación da Cultura', que concede a Deputación de Pontevedra.
Esta novela segue, en palabras do autor, o modelo establecido por Ánxel Fole en 'Á lús do Candil' ou 'Terra Brava'. 'Alén' é unha obra antropolóxica da Galicia esotérica que parte de relatos reais recompilados nas Serras do Cando e do Candán, nas comarcas de Terra de Montes - Tabeirós e Pontevedra.
A intención de Pablo Diego Dios é conservar a tradición oral xerada durante milenios. Na presentación o gaiteiro Xoán López, fundador do grupo 'Treixadura', tocará varias pezas con zanfona e gaita. Debido ás restricións sanitarias, a capacidade do local xa está cuberta para esta presentación.