A iniciativa DeporúARTE seque enchendo a provincia de murais con mensaxe
Por Redacción
A deputada de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Arquitectura e proxectos Europeos Iria Lamas asistiu á inauguración do mural elaborado por unha vintena de mozos residentes no Centro Príncipe Felipe, encadrado no programa educativo da Deputación de Pontevedra "DeporúARTE".
Acuñado co lema "Emerxencia climática: é cousa de tod@s. Planeta Príncipe", o alumnado de entre 15 e 18 anos do centro pintou no muro animais, paisaxes, persoas e diversos elementos que hai que protexer.
Este mural representa a primeira das accións da V edición deste programa dirixido ao público xuvenil que nesta ocasión ten como lema "Polo clima, pensando no 2030".
No que resta de curso, esta iniciativa que logrou acadar en anos anteriores unha participación de 2.000 mozos, desenvolverase noutros 5 centros educativos da provincia para continuar traballando nalgún dos 5 eixos temáticos que engloban o programa e que ademais se corresponden con 5 dos ODS da Axenda 2030: Enerxía alcanzable e non contaminante, Produción e consumo responsable, Acción polo Clima, Vida Submarina e Vida de Ecosistemas Terrestres.
Relacionadas:
-
A vida submarina, motivo do mural do IES Poio en DepoRuarte
Por Redacción |
-
Alumnado do IES de Poio inicia o DepoRúArte cunha xornada de concienciación ecolóxica
Por Redacción |
-
Máis de 2.100 escolares da provincia participaron no programa DepoRúARTE
Por Redacción |
-
Emerxencia climática, tema central do primeiro mural de Deporúarte no Príncipe Felipe
Por Redacción |