Carlos Blanco actúa o 20 de setembro no auditorio de Caixanova en apoio aos enfermos de Alzheimer
Por Redacción
O venres 20 de setembro, o cómico de Vilagarcía, Carlos Blanco, ofrecerá o seu último espectáculo de monólogos no Auditorio de Novacaixa Galicia.
O humorista realiza esta función para colaborar con AFAPO, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer de Pontevedra.
As entradas anticipadas pódense adquirir a un prezo de 8 euros nos locais da Asociación AFAPO situada na rúa Lois Seoane, 1 - baixo esquerda ou tamén a través de Servinova.