Suspendido o ciclo de teatro afeccionado que se iniciaba este sábado na Sociedade Cultural de Mourente
Por Redacción
As medidas adoptadas pola Xunta de Galicia para evitar a expansión da pandemia levaron á compañía Avelaíña Teatro, organizadora do evento, a tomar a decisión de suspender o ciclo de teatro afeccionado que estaba previsto que se iniciase este sábado 7 de novembro nas instalacións da Sociedade Cultural de Mourente.
Estas actuacións incluíanse dentro do Circuito Galego de Teatro Amador 2020 e contaban co apoio de Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA). A función deste sábado corría a cargo de Teatro Escoitade que ía poñer en escena 'Un hotel de primeira sobre o río'.
Tamén se suspenden as funcións do 14, 15 e 21 de novembro a cargo das compañías Teatro Rueiro, Petanaporta e Atrezo Teatro.
As limitacións perimetrais establecidas pola administración autonómica impiden que estas agrupacións de teatro afeccionado poidan desprazarse para levar a cabo as súas funcións na parroquia pontevedresa de Mourente.
Relacionadas:
-
"Canto máis pechados estamos, máis podemos movernos. Non é comprensible"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Consulta as actividades non esenciais que quedan prohibidas no perímetro de Pontevedra durante un mes
Por Natalia Puga |
-
Feijóo anuncia o peche das actividades "que non sexan esenciais" en practicamente toda a comarca
Por Diego Espiño |