"Fariña" suspende as oito funcións en Pontevedra, previstas para decembro
Por Alejandro Espiño
O regreso da versión teatral de Fariña terá que esperar. Ainé Producións, a compañía que produce este espectáculo, confirmou que as oito funciones previstas no Pazo da Cultura para os días 10, 11, 12 e 13 de decembro foron suspendidas.
Esta decisión, que tamén afecta as representacións que se ían a realizar na Coruña, adóptase, segundo os seus responsables, ante as novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia para tratar de reducir a incidencia da covid-19 na comunidade.
A pesar de que a compañía insiste en que a cultura "é segura", entenden que o límite de 60 persoas que permite a Xunta en espectáculos culturais baixo teito impídelles traballar.
"Nós vivimos de vós, das entradas que comprades. Se non podedes vir, complícansenos as cousas", aseguran a través das súas redes sociais.
Os responsables de Fariña insisten que nas restricións nos teatros "deben ser acordes" cos niveis de risco, pero ata que iso suceda suspenderán as súas actividades.
Este espectáculo formaba parte do ciclo Ponteatro, unha das ofertas culturais do Pazo da Cultura para o último trimestre do ano.
Relacionadas:
-
"Fariña" continúa en Pontevedra a súa xira polos teatros de Galicia
Por Redacción |
-
Aprazan pola covid 'Comando Comadres', a obra que abriría o ciclo Ponteatro
Por Redacción |
-
O teatro regresou ao Principal con 'Vida de cans'
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Oito sesións de "Fariña", prato estrela dun Ponteatro que regresa con cinco espectáculos
Por Alejandro Espiño |