A terceira edición da Xeración Sónica conectará coa universidade
Por Oskar Viéitez
A Concellaría de Xuventude abriu o prazo para que os mozos con idades comprendidas entre os 13 e os 16 anos se preinscriban na terceira edición do proxecto Xeración Sónica. Poden facelo a través da web apuntate.pontevedra.gal.
Segundo explicaron este luns en rolda de prensa o concelleiro responsable da área, Alberto Oubiña e o director deste proxecto Gonzalo Maceiras o novo curso de Xeración Sónica o novo curso desenvolverase no Local de Ensaio en dúas quendas pola mañá e outros dous pola tarde, adaptándose á xornada vespertina implementada nalgúns institutos.
Ofrécese a posibilidade de traballar con 6 proxectos artísticos.
Alberto Oubiña informou que como novidade este ano haberá un "novo enfoque: conectando a cultura musical da mocidade do concello coa comunide educativa", tanto do ensino secundario como da universidade.
"Se lles fará partícipes deste proxecto e se lles pedirá que difundan este proyexto" para involucrar á comunidade educativa e "conectar á Xeración Sónica co Campus de Pontevedra", con especial atención ás facultades de Belas Artes, Comunicación Audiovisual ou Educación.
Xeración Sónica é un proxecto que ten como finalidade promover o interese polas artes e a cultura entre a mocidade axudando a crear propostas artísticas. Así no programa trabállase co obxectivo de converter as artes nunha ferramenta de participación social e de crecemento cultural e educativo, así como nun vehículo do pensamento emocional ou como posibilidade de futuro profesional.
"Esta nova edición busca continuar formando unha xeira de musicos do futuro que está chegando, está petando na porta e a vai tirar abaixo", indicou Oubiña.
Gonzalo Maceira lembrou que o pasado curso 19-20 " foi complicado e non se puideron manter algunhas colaboracións" como as que había co Galegote ou o Surfing the Lérez, entre outras citas.
Este curso o programa da Xeración Sónica trendrá moi presentes todas as restricións sanitarias "seremos moi estritos" e insistindo na mensaxe de que "a Cultura é segura".
"É o momento perfecto para crear pero a Cultura estase matando é una situación tristísima", comentou Maceiras.
Relacionadas:
-
Xeración Sónica crece involucrando aos centros de ensino secundario
Por Diego Espiño |
-
A Praza de Ourense acolle unha mostra recompilatoria da evolución musical: 'Cantámola en galego'
Por Redacción |
-
Esta Noitevella, toca 'esmorga online' de bar en bar de Pontevedra
Por Redacción |
-
Volve a docencia mixta este mércores á Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte no campus
Por Redacción |