Bambú Producciones comezará esta semana a gravación en Pontevedra da serie para Amazon 'Un asunto privado'

Por Redacción
A falta de que o tempo mellore, todo parece estar preparado para que Pontevedra acolla a gravación de 'Un asunto privado', a serie de Amazon Prime, que realizará a empresa Bambú Producciones.
Este martes, Eva Vilaverde, concelleira de Protección Cidadá e responsable da ocupación do espazo público, mantivo un encontro con representantes da produtora para analizar as necesidades para esta rodaxe.
Desde Bambú indicaron ao Concello a intención de iniciar os traballos o xoves ou o venres desta semana no Paseo de Montero Ríos. Está previsto que en Pontevedra realicen o primeiro bloque de gravación ata o próximo 4 de novembro, salvo que a choiva obrigue a modificar as datas As gravacións tamén se realizarán en Gutiérrez Mellado, Michelena, Montero Ríos, Praza da Leña, rúa do Barón, Café Moderno, Soportais, Pedreira e Manuel Quiroga.
A serie contará con oito episodios dirixidos por María Ripoll e David Pinillos, seguindo un guión creado por Ramón Campos, Gema R. Neira e a pontevedresa Teresa Fernández-Valdés. A actriz Aura Garrido ('El ministerio del tiempo') e o coñecido actor francés Jean Reno ('Leon') encabezan a repartición desta tempada, que será vista en 240 países de todo o mundo.
Desde o Concello ofreceuse toda a colaboración para garantir as medidas de seguridade e loxística en relación á entrada e estacionamento de camións de gran tonelaxe, instalación de carpas, cableado para conexións eléctricas. Para estes traballos colaborará a Film Commission, Policía Local, Protección Cidadá, Departamento de ocupación de espazos públicos, servizos técnicos, de auga e de dinamización cultural.
Relacionadas:
-
Así é "Un asunto privado", a serie de Amazon que Bambú gravou en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Teresa Fernández-Valdés: "Rodaremos Un asunto privado en Pontevedra ata marzo"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
RADIO.- PontevedraViva Radio súmase a Fila9 Podcast no arranque da súa cuarta tempada
Por Redacción |
-
A Praza do Teucro e Montero Ríos pecharán nos próximos días para rodar a serie "Un asunto privado"
Por Redacción |
-
Pontevedra prepara un amplo dispositivo para acoller a rodaxe da serie "Un asunto privado"
Por Alejandro Espiño |
-
"Un asunto privado", a primeira serie de Bambú para Amazon, gravarase en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |