O Festival de Curtametraxes de Bueu internacionalízase na súa sexta edición
Por Redacción
A sexta edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU), que se celebrará no Centro Social do Mar do 2 ao 7 de setembro, foi presentada este venres no que será o seu ano máis internacional.
Das 25 cintas seleccionadas para a selección oficial, 22 delas son estranxeiras, unhas curtas que se visionarán en dobre sesión ata o día 6 de setembro, quedando para o día 7 a entrega de premios.
Este internacionalización xa observouse, segundo o director do festival Manuel Pena, durante o período de recepción das obras: "se bateu o récord de participación, con 670 curtas de case 60 países, co cal o traballo de preselección foi bastante complicado".
Na presentación tamén estaba presente o acalde de Bueu Félix Juncal, apuntando ao certame como un evento que achega prestixio á localidade: "o festival conta cunha compoñente cultural, que é a máis importante, pero tamén ten unha dimensión turística de proxección do municipio no exterior".
O FICBUEU 2013 mantén o esquema de anos anteriores, con entrada gratuíta para o público e exhibición de cinco traballos diarios ás 20:00 e ás 22:15 horas.
Para completar o calendario de actividades o Concello, que financia gran parte dos 16.000 euros de presuposto do festival, decidiu organizar paralelamente do 2 ao 8 de setembro a II Ruta de Tapas xunto aos restauradores da vila.
Relacionadas:
-
Unhas 550 persoas ateigaron o arranque máis concorrido do Festival de Curtametraxes de Bueu
Por Redacción |
-
Unha cinta galega e catro internacionais abren o festival de curtas de Bueu
Por Redacción |
-
O director de Cineuropa estará do 2 ao 7 de setembro no xurado do festival de curtas de Bueu
Por Redacción |
-
O FICBUEU consolida a súa proxección internacional e recibe curtas de 56 países dos cinco continentes
Por Redacción |