Presentan o libro sobre Virxinia Pereira, a esposa de Castelao, que loitou porque as súas obras quedaran no Museo de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Ás 19.30 horas deste xoves 17 de setembro, o Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acolle a presentación da biografía 'A vida incerta' sobre a figura de Virxinia Pereira Renda, coñecida por ser a esposa de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, pero que é unha muller cunha importante vida política e social, segundo explicaba a autora deste traballo a xornalista e escritora Montse Fajardo.
Este libro publícase con motivo do 50 aniversario do pasamento de Virxinia Pereira en 2019 e para a súa elaboración recuperouse documentación e cartas desta muller nacida na Estrada. Ao longo de 312 páxinas, explicaba o concelleiro de Patrimonio e Memoria Histórica Xaquín Moreda, cóntase a traxectoria desta loitadora por Galicia, pola defensa da democracia e pola lingua galega.
A autora Montse Fajardo explicaba que esta publicación naceu cando estaban a realizar a través da Memoria das Mulleres unha recollida de datos sobre Virxinia Pereira para o web 'Do gris ao violeta' e descubriron que nas súas cartas a Otero Pedrayo ofrecía un importante posicionamento social e político. A partir dese momento comezou a elaboración desta biografía.
Fajardo asegura que adoita haber incerteza sobre a vida de Virxinia Pereira tanto na súa faceta persoal e política que lle tocou vivir e pola imaxe que se ofreceu sempre sobre a súa traxectoria persoal acompañando ao ilustre galeguista.
A autora sinala que a estradense acompañou a Castelao nas súas viaxes e como pasou de ser a filla acomodada dun deputado liberal a unha muller comprometida coa lingua e coa liberdade e defensora da democracia, que se trasladou de Rianxo para vivir con Castelao en Pontevedra e percorreu numerosos lugares ata chegar a permanecer como emigrante ilegal en Estados Unidos a la espera de poder residir na Arxentina.
Virxinia Pereira foi fundamental na súa aposta por dar paso a unha nova xeración política formada por persoas como Méndez Ferrín ou Adela Figueroa, un pulo que fomentou tras a morte do autor de Rianxo. Pero además a acción de Pereira Renda foi determinante, según explica Montse Fajardo, no legado da obra de Castelao e foi quen de enfrontarse as irmás do escritor e pintor para que permaneceran os seus traballos no Museo de Pontevedra. "Loitando como unha leoa" por esta causa, sinalan os escritos recollidos nas súas cartas.
Este traballo biográfico recolle 89 fotografías e numerosas institucións e colectivos colaboraron na súa creación. Algúns deles asistirán ao acto de presentación que se desenvolverá no Museo de Pontevedra como a conservadora Ángeles Tilve, Xoán Carlos Garrido da Asociación Cultural Vagalumes da Estrada ou o director do Museo Xosé Manuel Rey. Este venres vai realizarse unha presentación do libro na Estrada, na praza da Música.
Os mil exemplares que publica o Concello serán repartidos en centros de estudo e espazos públicos, pero non serán postos á venda en librarías. Aquelas persoas que queiran conseguir un exemplar deberán solicitalo a partir da vindeira semana na Oficina de Turismo de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Edicións do Cumio reedita o libro de Montse Fajardo sobre Virxinia Pereira
Por Redacción |
-
Costureiras de Mourente, Lérez e Xeve axudan a rescatar o seu léxico, en vías de desaparición
Por Redacción |
-
Virxinia Pereira, "garante" do legado de Castelao, ocupará o lugar de Juan Carlos I en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Microteatro e banda deseñada para achegar a Memoria Histórica á mocidade
Por Oskar Viéitez |
-
'A memoria das mulleres' dá un paso máis e reforzará a memoria histórica nos centros educativos
Por Sara Iglesias |
-
Pinceladas moradas para seguir dando luz á historia das mulleres de Pontevedra
Por Natalia Puga |