O tango e o folclore arxentino chega a Pequeño Karma e Liceo Mutante da man do dúo Tanino
Por Redacción
O tango e o folclore arxentino estará presente por partida dobre en Pontevedra. Farao da man do dúo Tanino. Trátase dunha agrupación porteña conformada pola particular mestura entre dous instrumentos cunha forte tradición popular en dito país sudamericano: armónica cromática e guitarra. A súa música soará este domingo 25 de agosto no Pequeno Karma (22.00 horas) e o luns 26 no Liceo Mutante.
Formado por Fernando A. Sánchez (guitarra) e Santiago Álvarez (armónica cromática), este dúo interpreta música popular arxentina, facendo especial fincapé na música cidadá de Bos Aires. Cun repertorio composto por tangos, valses e milongas de diferentes épocas, así como zambas e chacareras, e ata composicións propias, propóñense encarar arranxos onde se prioriza a escoita mutua e a espontaneidade na interpretación.
PAUL STOCKER QUARTET EN PEQUENO KARMA
Este concerto de Tanino Dúo completará a oferta musical de Pequeno Karma para esta fin de semana, que inclúe outro concerto. Neste caso, do grupo Paul Stocker Quartet, un prestixioso grupo estadounidense de jazz que reside actualmente no noso país. A súa música soará este sábado a partir das 22.00 horas.
Paul Stocker é un artista autodidacta que se move como peixe no auga con distintos instrumentos: os saxos alto e soprano, o clarinete baixo e as flautas. Naceu en California en 1952 e en 1970 trasladouse a Europa, afincándose en España anos despois. Colaborou cunha inmensa variedade de figuras nacionais e internacionais en Europa, América e África.