Os Vermús de Pinto e Maragota pisan, de novo, o Campiño con Lucía Aldao e Andrea Nunes
Por Redacción
Os 'Vermús de Pinto e Maragota' regresaban este sábado 29 de agosto ao Campillo de Santa María co recital poético 'Déboche unha', que desenvolveron as creadoras Lucía Aldao e Andrea Nunes.
Esta iniciativa promovida pola concellería de Igualdade, que dirixe Yoya Blanco, ofrece sesións poéticas con difusión de valores de igualdade e diversidade. As actuacións realízanse ao aire libre nas terrazas dos bares Pavero e La Hormiga, onde se ofrecen vermús galegos con desconto durante a celebración do evento.
Nesta ocasión, as medidas anti-Covid obrigaron a establecer un límite de 32 persoas para consumir durante esta sesión. Aínda que tamén se sumaban outras persoas que pasaban pola contorna cumprindo coas medidas de seguridade sanitaria, con máscara protectora e distancia entre o público.
A actuación destas poetas da Coruña e Marín ofreceu humor e amor a través da interpretación de poemas cunha importante carga reivindicativa.