O Campiño de Santa María acolle o recital poético de Lucía Aldao e Andrea Nunes dentro dos Vermús de Pinto e Maragota
Por Redacción
Volven ao Campillo de Santa María os Vermús de Pinto e Maragota, actividades que promove a concellería de Igualdade. Este sábado 29 de agosto as poetas Lucía Aldao e Andrea Nunes ofrecerán o recital poético 'Déboche unha'.
Trátase dun evento a dúas voces en que se unirá o amor e o humor. Para os asistentes haberá descontos nos vermús galegos que se serven nos bares Pavero e La Hormiga, segundo explica a concelleira de Igualdade Yoya Blanco.
Lucía Aldao traballa na poesía escénica desde 2005 e une o humor e a música nas súas propostas artísticas. Coa poeta María Ledo forma a agrupación 'Aldaolado' e publicou o poemario 'Todo isto era noite' (Apiario, 2018).
Pola súa banda, a marinense Andrea Nunes sempre se caracterizou por relacionar o activismo feminista coa actividade poética. Publicou ' Corrente de esquecemento', 'Todas as mulleres que fun' e 'Diáspora do amor balea', co que lograba o XII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas en 2017.