Retratos irónicos da paisaxe caldense en elementos do mobiliario urbano
Por Redacción
Veciños e visitantes poden contemplar e sorprenderse coas intervencións que o artista pontevedrés Juan Rivas realizou para o Festival de Arte Urbana Kaldarte. Trátase de nove obras agrupadas co título 'Pintura no lugar'.
A particular proposta mostra emprazamentos naturais ou arquitectónicos do municipio de Caldas utilizando como soporte das súas pinturas elementos do mobiliario urbano. Así en sinais de tráfico, varandillas, valos ou pedra, retrata o balneario Acuña, o río Umia, fachadas de edificios, entre outros.
Estas obras teñen ademais un carácter efémero ata que o paso do tempo as vaia facendo desaparecer. O que non desaparecerá é outra parte da intervención, a que realiza en formato fotográfico e en cuxas instantáneas mostra a paisaxe real coa obra pictórica do mesmo.
O comisario de Kaldarte, Juanjo Fuentes, resaltaba que “a obra de Juan Rivas en Caldas é unha lección de pintura por encima de todo. O espazo urbano é o novo escenario indómito no que identifica mini escenarios que pasarán a ser referentes dun imaxinario colectivo". O propio artista describía a súa achega como "unha serie de chiscadelas sobre a paisaxe urbana de Caldas en formatos orixinais e sorprendentes".
Relacionadas:
-
Caldas organizará en agosto a edición número 24 do certame Kaldarte
Por Redacción |
-
Caldas, desde outra perspectiva coas 20 interencións artísticas de Kaldarte
Por Redacción |
-
O 'Cultura Quente 2020' preséntase en cinco bloques temáticos que apostan pola creatividade local
Por Redacción |
-
Belas Artes quere crear en Caldas un laboratorio permanente de arte
Por Redacción |