Música dos anos 20 con Los Hot Chocolates, este mércores na sala Náutico do Grove
Por Redacción
Unha orquestra con estilo dos anos 20, Los Hot Chocolates, subirase ao escenario da sala Náutico, en San Vicente do Grove, este mércores 12 de agosto, a partir das 20.00 horas, dentro do ciclo Directos Xacobeo'21 en Salas.
Esta agrupación ofrece unha música agradabe, divertida e de calidade interpretativa notable. Los Hot Chocolates conta cunha sección rítmica e dúas seccións de ventos, ademais de dúas voces e recrea o Cotton Club do Nova York que tantas veces se recolle en películas norteamericanas. Entre o repertorio poderán escoitarse pezas de jazz, swing e soul.
A entrada ten un prezo de oito euros e este concerto inclúese no ciclo promovido pola Xunta de Galicia para reactivar o sector das salas de concertos galego, que se viu especialmente afectado pola crise económica provocada pola Covid-19.
O concerto será gravado e poderá verse a través da web do proxecto www.directosxacobeo.com coa intención de potenciar ás bandas creadas en Galicia.