A Tafona de Caldas de Reis colle esta semana o relevo como emprazamento das propostas do 'Cultura Quente'
Por Redacción
O formato do Festival 'Cultura Quente' readaptado aos condicionantes da COVID19, segue mantiendo unha satisfactoria resposta de público tras quince días de actividade. Para esta última semana de xullo e primeira fin de semana de agosto, o programa deseñado polo Concello de Caldas de Reis leva os espectáculos ata A Tafona.
Comezarán o xoves 30 co concerto de Kalani Percusión ás 22.00 horas. Trátase dun trío de percusionistas formados nos Conservatorios de Vigo, O Porto, Hamburgo, Estrasburgo e Ámsterdam. Interpretan desde música tribal a electrónica e de diversas épocas. O concerto inclúese no apartado 'Música da escola' que ofrece música instrumental con artistas que comezaron na Escola Municipal de Música.
O venres 31, enmarcado no ciclo 'Son Cileno', arrancá ás 22.00 horas unha sesión a cargo de Dj Óscar e ás 23.00 horas subirá ao escenario Gradín Tom & amp; Reverendo. Trío de guitarra, voz e piano cun repertorio que pasa polo blues, o swing, o jazz ou o rock sureño.
Para o sábado 1 de agosto, a sesión de inicio será tamén ás 22.00 horas con Dj Moe e ás 23.00 horas tomará o seguinte lugar Secho cun espectáculo en solitario cheo de sentimento, palabras de amor, desencontro, descontento e elegancia. E para completar a semana, a sesión vermut do domingo estará amenizada pola Charanga Mil9.
O Concello de Caldas de Reis lembra, como nas semanas pasadas, que estes espectáculos están adaptados á conxuntura actual, de forma que teñen límite de aforo; mantéñense as distancias preceptivas de seguridade e distribúense xeles hidroalcohólicos de peto entre os asistentes.
Relacionadas:
-
Cultura Quente bota o peche na Carballeira de Caldas cun concerto de música clásica
Por Redacción |
-
Caldas reforza o cartel dunha nova semana de "Cultura Quente" que coincide coas festas patronais
Por Redacción |
-
Cuarta semana do Cultura Quente en Caldas, coa música de Froján e Las Varas e arte na rúa con Kaldarte
Por Redacción |
-
Máis de 100 artistas e 20 agrupacións locais pasarán en agosto polo Cultura Quente 2020
Por Redacción |
-
Cultura Quente retoma o xoves a súa programación tras unha primeira semana de notable acollida
Por Redacción |
-
Comeza o Festival Cultura Quente con sesión de contos para adultos, DJs e música local
Por Redacción |
-
O 'Cultura Quente 2020' preséntase en cinco bloques temáticos que apostan pola creatividade local
Por Redacción |