'Reinicia o verán' leva máis dun cento de actividades por todo o municipio de Poio ata finais de setembro
Por Redacción
A suspensión das festas de San Xoán, a Festa do Mar e da Festa da Ameixa dada a conxuntura sanitaria, leva ao Concello de Poio a reinventar e redirixir os fondos destinados á programación estival. No seu lugar 'Reinicia o veran Poio' aglutina máis dun cento de propostas que ata finais de setembro irán desenvolvéndose polas parroquias do municipio.
Con este programa preténdese, como explicou o concelleiro de Festexos Xosé Luís Martínez é "darlle traballo ás persoas da cultura do noso Concello e do noso país". Ademais, o Concello busca levar eventos a todas as parroquias de forma que "nos días ou fin de semana en que terían unha festas patronais, prestamos especial atención a esa parroquia" e que por tanto no caso máis inmediato corresponde a Raxó e a seguinte fin de semana en San Salvador.
Os primeiros concertos arrincaban a pasada fin de semana no parque Ánkar, que resultou ser un emprazamento "que vén para quedar". A concelleira de Cultura, Raquel Rodríguez, avanzou as previsións máis próximas, xa que semanalmente iranse detallando. Este mesmo xoves 23 ofrécese na praza da Chousa de Combarro unha sesión de contos con Xurxo Souto e Isa Risco. O sábado 25, en sesión matinal, charanga en Raxó e ás 20.30 horas o centro cultural Xaime Illa acolle un musical para público infantil.
O mércores 29 de xullo ofrecerase en Lourido un concerto a cargo de Vacas. Entrados xa na primeira fin de semana de agosto ofrecerase no Parque da Memoria un espectáculo infantil con Migallas; maxia en Samieira co Mago Paco; jazz en Campelo a cargo de Jazz Frecuency Group; Escola de Acordeóns en Samieira; pasacalles en Raxó e sesións de cinema na Reiboa que comezarán con 'O que arde'.
Todos estes portavoces do goberno local lembraron que os actos previstos contan coa máxima seguridade e seguen os protocolos hixiénico sanitarios establecidos respecto a a COVID19.
Día da Matria este venres 24
Marga Caldas concelleira de Festexos referiuse á celebración este venres 24 do Día da Matria ou Día da Patria Galega, como xa vén sendo habitual no calendario de eventos de Poio. Así, reivindicou a "importancia da presenza da memoria histórica nesta programación" e fixo un chamamento a todas aquelas pesonas que queiran participar ou solicitar unha bandeira de Galicia, de forma que se faga a través da ticketera ou chamando ao Concello.
Neste caso terá lugar nos xardíns de Ferreirós a partir das 20.30 horas. As intervencións correrán a cargo do alcalde Luciano Sobral, Marga Caldas e Uxía Xenlle. Ás 21.00 horas procederase á entrega das bandeiras e ás 21.20 a artista galega ofrecerá un concerto con capacidade limitada para cen persoas.
Relacionadas:
-
O BNG asume a organización do Día da Matria que antes auspiciaba o Concello de Poio
Por Redacción |
-
A Banda da Loba e a repartición de bandeiras centrarán os actos do Día da Matria Galega
Por María José Pita |
-
As festas de San Xoán recuperan os seus concertos
Por Redacción |
-
O PP de Poio considera "ridículas" as explicacións do Goberno Local sobre as contratacións do "Reinicia o verán"
Por Oskar Viéitez |
-
Fin de semana cultural para celebrar o décimo aniversario do Centro Xaime Illa de Raxó
Por Redacción |
-
Amador Arias, protagonista de 'O que arde', comparte na Reiboa as vivencias na rodaxe da película de Oliver Laxe
Por Redacción |
-
Trece salas da provincia acollerán ata outubro os concertos do programa Directos Xacobeo'21
Por Redacción |
-
Espectáculos acrobáticos e humor, oferta do Festival Chalaniñas de Lourido
Por Redacción |
-
"Reinicia o verán" ofrecerá espectáculos de teatro, maxia, cine na rúa e concertos durante esta semana
Por Redacción |
-
Poio reparte os 'Talleres na rúa' polas diferentes parroquias
Por Redacción |
-
O 25 de xullo retómanse as visitas guiadas á Illa de Tambo
Por Anxo Lourido |
-
'Reinicia o verán Poio' estréase cunha dobre cita musical en San Salvador
Por Redacción |