Amancio Prada actuará na inauguración do renovado Edificio Sarmiento
Por Redacción
Amancio Prada, o cantautor e compositor de Ponferrada, ofrecerá unha actuación musical o próximo mércores 21 de agosto con motivo da inauguración do renovado edificio Sarmiento ás 20 horas.
O autor que puxo música ao longo de toda a súa traxectoria a numerosos poemas e composicións galegas volve a Pontevedra despois de 14 anos sen actuar na cidade. Na actualidade, o músico desenvolve unha xira que fusiona a poesía de Rosalía de Castro e de Federico García Lorca e que recolle o último do seu traballo discográfico A Rosalía de Federico. No recital que ofrecerá no novo edificio Vide recuperará algunhas das mellores pezas do seu repertorio musical.
O edificio Sarmiento inclúe a exposición permanente das coleccións máis antigas do Museo, as de arqueoloxía, dende os primeiros vestixios dos poboadores ata o século XIII.
No segundo piso poderase observar a colección Sánchez Mesa de arte española e oriental a que ocupe as salas centrais, mentres que as periféricas se situarán as distintas coleccións de cerámica do Museo, como a de louza de Sargadelos ou a de cerámica Celta de Pontecesures.