Musigal encherá de música as Rías Baixas: Roi Casal en Sanxenxo e 'Son galego, son cubano' no Grove
Por Redacción
O programa cultural da Deputación de Pontevedra Musigal encherá esta semana de música as Rías Baixas. Dos catro concertos previstos para estes días, un será en Sanxenxo e outro no Grove.
As actuacións comezarán en Sanxenxo este próximo venres 24, cando ás 22.00 horas Roi Casal se suba ao escenario situado na Praza dos Barcos.
O sábado 25 'Son galego, son cubano' actuará na praza do Corgo do Grove ás 21.30 horas.
Para o domingo 26 están programados dous concertos máis. A explanada ao carón do multiusos de Moraña bailará a ritmo de 'Amantes da Terra' a partir das 22.00 horas, e á mesma hora 'Manoele de Felisa' interpretará os seus temas na Praza do Concello de Covelo.
O programa Musigal da Deputación de Pontevedra ten como obxectivo favorecer a programación artística por parte dos concellos da provincia e está dirixido especificamente aos grupos e artistas profesionais de música, amais de fomentar o uso social da música en galego e a defensa dos valores da igualdade de xénero.
A institución provincial ten pechados ata agora máis de 40 concertos.
Relacionadas:
-
Música, teatro, exposicións e contacontos en Cuntis, Caldas e Poio para a segunda semana de agosto
Por Redacción |
-
'Prendendo butacas' súmase a unha oferta cultural "como nunca houbera" promovida pola Deputación
Por Redacción |
-
A Deputación investirá 2,5 millóns de euros ata final de ano para "recuperar a cultura en vivo"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Musigal 2020 levará a música galega en galego a 58 concellos de Pontevedra
Por Redacción |
-
Preto de 90 grupos formarán parte do programa Musigal 2020
Por Redacción |