As redes sociais do Museo de Pontevedra permitirán visitar as instalacións "a porta pechada"
Por Redacción
A partir do luns 13 de xullo, aquelas persoas interesadas en coñecer con detalle as obras, salas e propostas do Museo de Pontevedra terán a oportunidade de facelo a través das redes sociais da institución a través da proposta denominada 'A porta pechada'.
A cita repetirase ás 09.00 horas todos os luns, xornada en que as instalacións están pechadas ao público por descanso, cunha publicación en Facebook dun vídeo no que persoal experto pertencente a departamentos como Educación, Conservación, Restauración ou Dirección do Museo ofrecerá datos sobre unha sala ou unha obra exposta do Sexto Edificio e do Sarmiento.
O Retablo de Santa María; Epílogo, de Eliseo Meifrén; Recollendo follas, de Manuel Colmeiro; Ronsel de Vilar de Sarria; Virxe nova e virxes vellas, de Roberto González do Blanco ou a colección Sargadelos serán as primeiras obras que se analicen durante as sesións iniciais.
Con esta proposta, o Museo busca achegarse ao público que consome cultura nas redes sociais ofrecendo contidos exclusivos, como vén realizando durante os últimos meses con iniciativas como O Museo en Familia ou sesións de Contacontos.
Relacionadas:
-
O Museo promove a difusión dalgunhas das súas máis valiosas pezas a través de #aportapechada nas redes sociais
Por Redacción |
-
O Museo propón xogar coa ‘vestimenta’ das súas obras de arte
Por Redacción |
-
O Museo de Pontevedra apúntase aos retos das redes sociais e anima a recrear cadros
Por Redacción |
-
Xogando co Museo a buscar as dez diferencias en obras de Castelao
Por Oskar Viéitez |
-
O Museo anima ao público infantil a elaborar unha exposición virtual
Por Redacción |