Un concerto da orquestra de cámara 'Camerata Arven' reabre a actividade cultural de Moraña
Por Redacción
O Concello de Moraña reanuda esta fin de semana a actividade cultural municipal que se viu interrompida no mes de marzo pola pandemia do coronavirus. A primeira actividade será un concerto da orquestra de cámara 'Camerata Arven' co alumnado de Dirección e Canto do Centro Superior de Música de Galicia.
Este espectáculo terá lugar este sábado 4 de xullo a partir das 21.30 horas no Edificio Multiusos e contará cun estrito protocolo de medidas sanitarias para preservar a saúde no marco da crise do coronavirus. Entre outras medidas, o aforo estará limitado para cumprir cos protocolos de seguridade e de distancia interpersoal e será obrigatorio acceder á sala con máscara.
O acceso será de balde, como é habitual nas actividades culturais municipais, pero as persoas interesadas en asistir deberán facerse con anterioridade coa súa entrada, que pode retirarse ao longo deste días na Casa da Cultura.
A actividade, organizada polo Centro Superior de Música de Galicia e co patrocinio do Concello de Moraña, busca recuperar o pulo e as iniciativas de todos os sectores do municipio, que se irán recuperando cun exhaustivo cumprimento de todos os protocolos sanitarios.