O Coro da Rá, voces para repasar a historia da música moderna
Por Anxo Lourido
O Coro da Rá, coro residente da Escola Estudio de Santiago é unha formación vocal de 50 compoñentes que conta con 19 anos de historia. Ao longo da súa traxectoria ofreceu as súas versións a capella de famosos temas da historia do soul, do rock, do pop, do jazz ou da música brasileira. Este grupo mesmo participou en spots publicitarios e gravou un cd: Fráxil.
Agora, e Baixo a dirección de Ramón Bermejo, presenta o seu novo espectáculo titulado Non nos importa a fama!, estreado no Salón Teatro de Santiago, no que se ofrece un renovado repertorio de cancións que van desde o swing de Count Basie ata temas de Queen, Frank Zappa ou Earth, Wind and Fire.
A característica que diferencia a O Coro da Rá doutros son as súas intervencións sorpresa que denominan "Concertos Comando". Trátase de concertos que fan polas rúas das cidades coa idea de sorprender os transeúntes.
O prezo das entradas de 8 euros e de 5 euros estudantes, parados e xubilados.