A primeira exposición da nova normalidade chegará ao Museo Torres de Marín o 1 de xullo
Por Redacción
O Museo Manuel Torres de Marín recibirá a súa primeira exposición itinerante da nova normalidade o 1 de xullo. Trátase da colección realizada polas pintoras Inés Pampín e Patricia Otero titulada Nalgures na Galicia, que desembarca na vila da man da asociación Céltiga.
Trátase dunha mostra que poderá visitarse de forma gratuíta na galería marinense ata o 15 de xullo. As autoras, xunto á concelleira Itziar Álvarez e o membro de Céltiga Richard Pazos foron os encargados de presentar este xoves a exposición, que está enmarcada no programa de actos do Ano Torres, que será unha homenaxe ao artista local que dá nome ao museo.
Segundo as artistas, o obxectivo á hora de crear esta colección era o de recrear "esa Galicia e ese Marín dos anos 40 e 50 no que viviu Manuel Torres e que quixo plasmar na súa inesquecible obra", explicaron.
A técnica predominante será o óleo, pero desde a asociación artística adiantan que "haberá soportes moi rechamantes e novos".
Lembran desde o Concello que o museo conta con todas as medidas de prevención e seguridade adaptadas á nova normalidade como o control de aforos, a dispoñibilidade de xel hidroalcohólico, itinerarios trazados no chan e o uso obrigatorio de máscara.
Relacionadas:
-
O Museo Torres acolle unha exposición do artista marinense Manuel Santos
Por Redacción |
-
O Museo Torres de Marín adicará unha das súas salas á arqueoloxía do municipio
Por Redacción |
-
O Museo Manuel Torres de Marín, máis accesible
Por Natalia Puga |
-
Reabren as bibliotecas pero só para préstamo e devolución de libros
Por Redacción |
-
O Museo Manuel Torres expoñerá a "Historia dos símbolos de España"
Por Redacción |