O Colexio Amor Ruibal estrea "A Banda Deseñada das Mulleres Galegas"
Por Oskar Viéitez
O Colexio Amor Ruibal, de Barro, estrea un novo mural que leva por título "A Banda Deseñada das Mulleres Galegas", unha obra de Polo Correo do Vento.
Ademáis de embelecer o recinto educativo esta iniciativa vai acompañada dunhas fichas para que o alumnado traballar mellor cada unha das figuras que saen recollidas nos debuxos.
Polo Correo do Vento é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística.
Neste eido, Polo Correo do Vento leva xa feito un longo percorrido, en multitude de centros de ensino, bibliotecas, museos, feiras, librarías e centros socioculturais, dende a aparición dos 7 libros da colección do mesmo nome, publicada por Edicións Xerais de Galicia, a partir do ano 2008.
Relacionadas:
-
Barro pasa revista ao seu colexio diante do inminente inicio do curso
Por Redacción |
-
Polo Correo do Vento continuará cos contos virtuais do Museo iniciados con 'A Casa que fixo Xan', de Migallas Teatro
Por Redacción |
-
Sesións de contacontos, vía telemática, para visibilizar o empoderamento da muller en Poio
Por Redacción |
-
Contos virtuais para entreter os máis pequenos durante a corentena
Por Alejandro Espiño |
-
Contacontos para previr a violencia de xénero
Por Redacción |