"Son as cousas pequenas as que fan grande á vida", díxolle a Sara Castro alguén importante na súa vida. Esta viguesa afincada en Pontevedra ten agora un proxecto profesional cunha protagonista moi pequena que fai grande a vida. En realidade a protagonista en cuestión, 'Rocío la gota de agua' y 'Babuxa a pinga de auga' nacía en 2017 en forma de conto co que gañou o concurso literario da Fundación Acuorum.
No Cara a cara explica a evolución en forma e contido que tivo esta pinga de auga para estar xa ao dispor do público en forma de ebook, de libro electrónico, a través de Amazon, co título: 'Todo corazón'. Agora Rocío dispón de ilustracións e de cancións ás que Sara Castro pon composición e voz, acompañada ademais doutros artistas.
Polo momento, está dispoñible o primeiro capítulo de 'Todo corazón' e como conta a súa autora en PontevedraViva Radio, nun mes ou dous, podería estar tamén dispoñible a segunda entrega. Os capítulos transmiten mensaxes de autodescubrimiento, e aínda que chama ao público infantil non deixa fóra ao adulto. Neste proxecto Sara Castro compaxina dúas facetas que lle gustan desde nena "cantar os contos".