O cine de Seixo, primeiro de toda Galicia en reabrir tras o coronavirus
Por Redacción & Diego Torrado
O cine máis antigo de Galicia, o de Seixo, foi tamén o primeiro en reabrir as súas portas tras case tres meses de parón obrigado pola pandemia sanitaria do coronavirus
Tras recibir a autorización da Xunta, os responsables do cine de Seixo, aberto ao público desde 1943, volveron ás proxeccións esta fin de semana, tratando de retomar certa normalidade. Iso si, con todas as medidas de seguridade.
Así, entre outras cuestións, foi con apenas un terzo do aforo disponible, unhas 66 butacas das 200 que ten. Ademais, os espectadores deben lavar as mans ao entrar e saír ou levar sempre a máscara puesta para evitar posibles contaxios da COVID-19.
Para esta 'reestrea', o cine de Seixo optou por una programación especial, pero mantendo o prezo habitual das entradas, fixado en catro euros por sesión.
Nas súas habituais sesións dobre para o público infantil e adulto respectivamente, pudiéronse ver as cintas Voando xuntos, película na que un pai e o seu fillo únense para salvar a unha especie en perigo de extinción; e a comedia francesa Especiais, sobre dous amigos que crean unha ONG para axudar a nenos autistas.
Tras esta proba, a próximo fin de semana o cine retomará as proxeccións das películas que tiña en cartel en marzo, a cinta de animación Onward e O escándalo, premiada película que narra as denuncias por acoso sexual que sacudiron á cadena de televisión Fox News en 2016.
A maior parte das salas de cine de Galicia, a diferenza desta de Seixo, non volverán a abrir ata finais de xuño.