Pequenos eventos centrarán a actividade cultural en Ponte Caldelas durante xullo e agosto
Por Redacción
O goberno local de Ponte Caldelas traballa na elaboración da programación cultural para os meses de xullo e agosto. Ante a situación provocada pola Covid-19, en lugar de grandes eventos multitudinarios, a proposta é realizar pequenos actos que permitan a dinamización do municipio.
Segundo expoñen desde o Concello, ao non poder celebrarse a Festa Gastronómica da Emigración, o Xanta Caldelas ou as verbenas tradicionais, as actividades centraranse en garantir a seguridade dos asistentes.
A previsión para estas actividades é que se realicen concertos de diversos estilos musicais, con actuacións de bandas de música do mesmo xeito que a posta en escena de representacións teatrais, cinema, monólogos, animación, espectáculos de música acuática para todos os públicos.
Toda a programación que se detallará proximamente realizarase na Praza de España e na Alameda. Estes espazos contarán cunha iluminación especial coa intención de crear unha gran terraza que permita manter a distancia social entre os asistentes aos actos.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas promete uns investimentos históricos durante el 2020
Por Redacción |
-
Volve a ximnasia de mantemento a Ponte Caldelas nun novo espazo para manter as distancias
Por Redacción |
-
A rúa Concepción Arenal dispón xa de dobre sentido de circulación
Por Oskar Viéitez |
-
Suspendidas a BTTroita, a Concentración Moteira e a Tractorada de Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez |