Estudan a fórmula máis axeitada para celebrar o festival Novos Cinemas
Por Redacción
O coronavirus está a provocar cambios ou cancelacións de numerosos eventos culturais. E, os que resisten, estudan cal é o mellor xeito de seguir adiante cos seus proxectos. É o caso do festival Novos Cinemas de Pontevedra, que está analizar o escenario que se abre ante si.
O festival pontevedrés prevé celebrar en decembro a súa quinta edición e será baixo a fórmula máis axeitada segundo as normas sanitarias e de prevención que se establezan para entón.
O Concello comprometeu o seu apoio para garantir a súa celebración baixo as medidas esixidas polas autoridades.
Así o manifestou a concelleira de Dinamización Sociocultural, Carme da Silva, no marco da xornada virtual convocada pola Coordinadora Galega de Festivais de Cinema 'Proxecta'.
Da Silva destacou a necesidade de manter e reforzar as programacións culturais, adaptándoas ás normas de seguridade ou reconverténdoas a outros formatos, no caso de ser posible, como o virtual, co obxectivo contribuír á defensa do sector cultural con propostas sólidas e dignas.
A concelleira fixo especial fincapé na importancia de que un certame deste calibre se celebre en Pontevedra, propiciando a convivencia entre o cinema realizado a nivel internacional co realizado en Galicia e salientou que ante a proxección mundial do actual cinema galego "non se pode consentir ningún paso atrás en todo ese camiño andado".
Na xuntanza participaron os representantes municipais do concellos nos que se celebran os principias festivais da provincia, como Pontevedra, Bueu, O Porriño, Vilagarcía de Arousa e Tui, e representantes da organización dos festivais, entre eles Daniel Froiz, director de Novos Cinemas; ou Manuel Pena, director do FIC-Bueu.
Entre os temas tratados estiveron a valoración dos escenarios posible, desde a posibilidade de manter os festivais adaptados a novas circunstancias ata a obrigada cancelación, a relación e o apoio dos concellos aos certames e os protocolos sanitarios e medias de seguridade.
Relacionadas:
-
Cinema no Camiño fai escala en Caldas coa proxección da película Longa Noite
Por Redacción |
-
Rías Baixas Film Fest, a marca que relanzará os festivais de cine de Pontevedra
Por Redacción |
-
A quinta edición do festival Novos Cinemas abre o prazo de presentación de obras
Por Redacción |
-
A incerteza sobre a que 'surfea' o sector audiovisual
Por Marisa Ciordia |
-
Os festivais de cine de Pontevedra agruparanse baixo unha marca conxunta
Por Redacción |