O deseñador galego José Matteos presentará a súa colección Enigmas no Sexto edificio do Museo
Por Redacción
Este venres 9 de agosto, o Sexto edificio do Museo acollerá a presentación da colección Enigma do deseñador galego José Matteos. Será a partir das 21 horas e ofreceranse estes traballos da marca Matteos, con sede na Coruña. As súas coleccións foron presentadas en recoñecidos certames como na última edición da antiga pasarela Cibeles, a agora denominada Mercedes-Benz Fashion Week Madrid primavera-verán 2013. A montaxe deste evento combina dúas modalidades de expresión artística como son a escultura e o deseño de moda e obriga a que a mostra de Manolo Paz non poida abrirse ao público durante este venres 9.
PROXECCIÿN DE CURTAMETRAXE
Unha hora antes, ás 20 h., o salón de actos do novo edificio do Museo pontevedrés será escenario para a presentación da curtametraxe Cassandra, de Nacho Garbe.
Trátase dunha obra na que colaboraron, entre outros a Autoridade Portuaria de Marín, o tanatorio de Poio e os clubs náuticos de Portonovo e Beluso. A ría de Pontevedra é o espazo no que se desenvolve a historia de Marcos, un fotógrafo de éxito, que comproba como cambia a súa vida debido a un duro golpe.
A entrada será libre ata completar o aforamento.