Polo Correo do Vento continuará cos contos virtuais do Museo iniciados con 'A Casa que fixo Xan', de Migallas Teatro
Por Redacción
'A casa que fixo Xan' e a canción 'Que cousa, cousiña é?', contada e interpretada pola agrupación pontevedresa Migallas Teatro, formada por María Campos e Carlos Yus, servía esta sábado para abrir os 'Contos confinados', unha iniciativa do Museo de Pontevedra destinada aos máis pequenos da casa e que se desenvolve ao longo de todo este mes de amio, mes das letras galegas.
Estas sesións virutais inicianse ás 12.00 horas dos sábados e son realizadas por artistas do municipio que gravaron estas actuacións nas súas casas e cos medios dos que dispoñen non seus fogares para intentar facer pasar un rato divertido aos menores.
A seguinte sesión chega este sábado 16 a través de Polo Correo do Vento e terá continuidade coa contacontos Beatriz Campos o 23 de maio. As sesións rematarán coa actuación de Felipe Díaz "Caxoto", da compañía A Trastenda dos Contos, o 30 deste mes.
Estas pequenas funcións infantís poden seguirse a través da páxina web do Museo de Pontevedra ou na súa rede social de Facebook. Contan con interpretación en lingua de signos realizada pola Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (Xoga)