Desvelan os nomes dos gañadores do certame xuvenil Ben Veñas Maio
Por Redacción
Xa se coñecen os gañadores do certame Ben Veñas Maio. O Concello de Pontevedra anunciou este mércores os nomes dos alumnos e alumnas dos centros educativos da cidade que foron galardoados nas diferentes categorías deste concurso.
Dentro de esta edición non se puideron organizar nin o certame musical nin a semana de teatro e, segundo os organizadores, destacou a participación en poesía e narración curta, que seguen a ser as canles de expresión artística preferidas polo alumnado pontevedrés.
Os premiados foron:
BANDA DESEÑADA
Categoría A (ata 14 anos). Primeiro premio: Resurgimiento, Miguel Bouzas Rodríguez, IES Torrente Ballester. Segundo premio: desierto.
Categoría B (a partir de 15 anos). Primeiro y segundo premio: desierto
NARRACIÓN CURTA
Categoría A (ata 14 anos). Primeiro premio: Xaquín e asociados. Nerea Redondo Areán, IES Torrente Ballester. Segundo premio -ex aequo-: O club dos amorosos. Alfredo José Fernández Marques, IES Sánchez Cantón; O bisavó. Anxo Rodríguez Álvarez, IES Torrente Ballester; e O garda dos castros, Manuel Salgado Lafuente, IES Torrente Ballester
Categoría B (a partir de 15 anos). Primeiro premio: O bico. Nee Barros Fernández, IES Frei Martín Sarmiento. Segundo premio -ex aequo-: Dezaoito minutos e trinta e sete segundos. Andrés Pardo Carballo, IES Torrente Ballester; e A bufanda de cores. Cristina de Castro Gómez, IES Valle Inclán
POESÍA
Categoría A (ata 14 anos). Primeiro premio: Transitividade. Alfredo José Fernández Marques. IES Sánchez Cantón
Categoría B (a partir de 15 anos). Primeiro premio: H2O Pinga. Mariña Maceiras Segovia. IES Sánchez Cantón. Segundo premio -ex aequo-: Nacemos do que arde. Mario Elías Blanco Boullosa. IES Torrente Ballester; e Son Penélope, Sheila Justo Cabaleiro, IES Valle Inclán
FOTOGRAFÍA
Categoría A (ata 14 anos). Primeiro premio: Que tire a pedra quen estea libre de culpa, Carolina Munáiz Canosa. IES Sánchez Cantón. Segundo premio: desierto.
CURTAMETRAXES
Primeiro premio: desierto. Segundo premio: Máscara, Claudia Rivero Pérez, IES Valle Inclán.
O xurado deixou desertos algúns premios porque as obras non reunían as condicións requiridas para ser recoñecidas no certame.
O Ben Veñas Maio está organizado polos equipos de normalización e dinamización da lingua galega dos centros públicos de ensino secundario e ciclos formativos do concello.
Ten por obxectivo acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas incentivando a creatividade, a participación e a comunicación en galego, así como a reflexión sobre o uso e a situación social da nosa lingua.
Relacionadas:
-
Ben Veñas Maio regresa con seis certames para fomentar o galego
Por Manu Otero |
-
Mulleres fortes, valentes e cheas de paixón nos ''Monólogos en Cuarentena' do IES Sánchez Cantón
Por Redacción |
-
'Ben veñas maio', un certame en lingua galega que invita á mocidade pontevedresa a demostrar o seu talento
Por Sara Iglesias & Boris Rodríguez Pintos |