Os estadounidenses The Jayhawks aprazan a xuño de 2021 o seu concerto en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
A entrada na "nova normalidade" e, fundamentalmente as medidas que auditorios e salas de concertos deberán adoptar durante a fase de desescalada, obriga a moitos promotores e bandas a aprazar ou suspender as súas xiras.
É o caso dos estadounidenses The Jayhawks. O seu concerto en Pontevedra, previsto para o próximo 6 de xuño no Pazo da Cultura, tivo que ser reprogramado.
Segundo os responsables do ciclo Voices, esta circunstancia provocada pola crise do coronavirus supoñerá atrasar este concerto ata 2021. En concreto, o público pontevedrés poderá escoitarlles en directo o 5 de xuño do próximo ano.
As entradas xa adquiridas serán válidas para esta nova data. Haberá un prazo ata o 20 de maio para solicitar a devolución do diñeiro.
The Jayhawks, referente do country-folk americano, tiña previsto tres concertos en España: Pontevedra, Madrid e Bilbao. Os tres quedaron aprazados.
Relacionadas:
-
Pontevedra reprograma o concerto de The Jayhawks para o 10 de xullo ao aire libre
Por Redacción |
-
Guadi Galego pechará o ciclo Voices o 24 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra
Por Redacción |
-
Quique González e as súas 'palabras vividas' protagonizan unha velada inolvidable en Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
The Jayhawks e Guadi Galego únense a Quique González no ciclo Voices
Por Alejandro Espiño |