Suspendida a semana de teatro e o certame musical de "Ben veñas, maio"
Por Redacción
A alerta sanitaria obriga a trastocar o programa "Ben veñas, maio", de promoción da creatividade da mocidade en lingua galega entre os institutos do concello.
A Concellaría de Normalización Lingüística organizadora dos certames en colaboración cos centros de ensino acordou suspender a XXIV Semana de Teatro e o XX Certame musical, pero o resto de convocatorias seguen en marcha.
"Ben veñas, maio 2020" abrangue, polo tanto:
- II Certame de Videoclips Musicais
- IV Certame de Curtametraxes
- XIX Certame de Fotografía
- XXVII Certame de Banda Deseñada
- XXVII Certame de Narración Curta
- XIX Certame de Poesía
O período de presentación de traballos aos premios remata o 20 de abril de 2020.
"Ben veñas, maio" quere impulsar a creatividade da mocidade en lingua galega desde distintos eidos de expresión como a escrita (prosa e poesía), fotografía desde a ollada crítica, a música, a banda deseñada e a creación de curtametraxes. Estes certames teñen como obxectivo acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas incentivando a creatividade, a participación e a comunicación en galego, así como a reflexión sobre o uso e a situación social da lingua.
A actividade dirixida por Xosé Luís Xaneiro, coordinador do equipo de Normalización Lingüística do IES Sánchez Cantón, está pensada para estudantes nos centros públicos de ensino secundario obrigatorio, ciclos formativos e bacharelato do concello de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Mulleres fortes, valentes e cheas de paixón nos ''Monólogos en Cuarentena' do IES Sánchez Cantón
Por Redacción |
-
Vilagarcía queda sen os Maios, o Ágora Vermú, as celebracións de Santa Rita e as Letras Galegas
Por Oskar Viéitez |
-
'Ben veñas maio', un certame en lingua galega que invita á mocidade pontevedresa a demostrar o seu talento
Por Sara Iglesias & Boris Rodríguez Pintos |
-
A promoción do programa Ben veñas, Maio! acada o premio Anuaria á mellor campaña de interese social
Por Redacción |