Carmela Silva, sobre os festivais de música: "Non estou disposta a que se perda nin un só en Pontevedra"
Por Oskar Viéitez
"Eu non estou disposta a que se perda nin un só festival na provincia de Pontevedra". Así o dixo a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que aínda cre que é pronto para saber se este verán celebraranse os eventos incluídos no programa Rías Baixas Fest (O Marisquiño, Portamérica, Atlantic Fest, Sinsal, Sonrías, Vive Nigrán, Revenidas).
A crise provocada polo coronavirus deixou en suspenso todo tipo de espectáculos e actuacións.
Carmela Silva asume que todos "somos conscientes que vai haber medidas de distanciamento social mentres non haxa vacina" e isto afecta de cheo aos grandes eventos musicais do verán.
Os organizadores viven estes días con incerteza á espera de ver como se desenvolven os acontecementos para tomar unha decisión. "Pero iso non significa que non se poidan realizar doutra forma", indicou a mandataria provincial.
"Imos ter que reinventarnos e as administracións tamén", animou Carmela Silva
"Imos ter que reinventarnos e as administracións tamén", animou Carmela Silva. Isto significará que "seguramente as bases aprobadas imos ter que modificar" porque tanto os festivais de música como os de cinema, teatro, ou programas da Deputación como Musigal ou Pontegal "non van poder ser iguais".
En todo caso, se os festivais non se poden celebrar no verán do 2020 habería que poñer os medios para "garantir" que se poidan desenvolver o próximo ano e neste sentido Carmela Silva dixo que "a Deputación de Pontevedra vai apoiar ao sector da Cultura, que é fundamental".
"Eu non vou abandonar ao mundo da Cultura, vou apoiar mesmo máis do que xa os apoiabamos", dixo Silva.
A próxima semana a presidenta da Deputación de Pontevedra manterá reunións telemáticas cos organizadores dos festivais de música e de cinema. "Eles teñen moitas ideas de como reinventarse e eu quero escoitalos para que iso sexa posible" e adiantou que "este ano non se van a quedar sen recursos, iso si que o garanto".
Finalmente, Carmela Silva concluíu dicindo que "non me imaxino que por non apoiar aos festivais musicais perdamos un elemento diferenciador e potentísimo de atracción de turismo".
Relacionadas:
-
Acústicos de Rayden e Arco para o MicroSonRías, a alternativa ao SonRías Baixas
Por Alejandro Espiño |
-
Revenidas terá formato 'en conserva' en outono e apraza o festival a 2021
Por Alejandro Espiño |
-
Deputación manterá as axudas aos festivais de cinema, que se adían ao último cuadrimestre do ano
Por Redacción |
-
PortAmérica, aprazado ata xullo de 2021: "Foi unha decisión durísima", afirma a organización
Por Alejandro Espiño |
-
Minuto de silencio polas vítimas do coronavirus no primeiro pleno telemático da Deputación
Por Redacción |
-
O Rías Baixas Fest prepárase para marcar un plan de traballo cando remate o estado de alarma
Por Redacción |
-
Os festivais de cine de Pontevedra agruparanse baixo unha marca conxunta
Por Redacción |
-
Calculan que, no mellor escenario post-coronavirus, Galicia perderá un de cada dous turistas
Por Redacción |
-
A Deputación propón facer test de coronavirus en empresas con máis de cen traballadores
Por Redacción |
-
Carmela Silva pide ás entidades financeiras que axilicen as xestións para axudar a familias e empresas
Por Redacción |
-
#NonNosCanceles, chamada de atención do mundo da cultura para pedir axudas ante a crise do sector
Por Anxo Lourido |
-
ÁnimoFest2020: festival dixital de música, poesía e humor con selo pontevedrés para dar a benvida a abril
Por Redacción |
-
SonRías Baixas reconverte as súas festas de presentación en concertos nas redes sociais
Por Alejandro Espiño |
-
Artistas de Pontevedra únense nun festival de música a través de Instagram
Por Alejandro Espiño |