Miguel Bosé co seu Papitwo chega o domingo 11 ás Festas de San Roque en Vilagarcía
Por Redacción
O domingo 11, o recinto exterior de Fexdega en Vilagarcía de Arousa acollerá os numerosos fans de todas as idades do artista Miguel Bosé, que está a presentar o seu último disco Papitwo. O concerto encádrase dentro da programación das Festas de San Roque e prodúcese despois dunha ampla xira do cantante por países de Latinoamérica onde logrou un éxito rotundo converténdose no gañador do Latin Grammy e designada Persoa do Ano 2013 da Academia Latina da Gravación.
Cunha carreira que abrangue máis de tres décadas, o cantante, autor e actor español Miguel Bosé gravou máis de 30 álbums, realizou presentacións en máis de 35 películas e deixou éxitos como Aire Soy, Linda, Te Amaré, Amante Bandido, Sevilla, Como Un Lobo, Morenamía e Si Tu No Vuelves que o convertiron nunha estrela popular internacional.
As portas do recinto abriranse ás 21:30 da noite do domingo, media hora antes do inicio do concerto estrela das festas de Vilagarcía.
As entradas xa se pode adquirir no Auditorio de Vilagarcía de Arousa en horario de 9 a 13 horas e a través de Servinova. O prezo das entradas é de 15 euros na venda anticipada e de 20 euros na billeteira