De cando Manuel Torres viviu a pandemia de gripe de 1918 e outras pílulas de cultura sobre o pintor
Por Redacción
O Concello de Marín pon en marcha esta fin de semana unha iniciativa que demostra que a cultura, lonxe de paralizarse co confinamento e as limitacións de desprazamentos do estado de alarma, segue crecendo e aproveita as novas tecnoloxías para chegar a toda a cidadanía.
Trátase dunha actividade que se enmarca na celebración do Ano Torres, co que este 2020 o Concello de Marín quere homenaxear os 25 anos do falecemento dun dos maiores artistas da vila, o pintor Manuel Torres.
A pesares de que o estado de alarma paralizou as actividades presenciais previstas dentro do Ano Torres, a Concellaría de Cultura ideou a maneira de achegar a vida e a obra de Manuel Torres ás casas de toda a veciñanza. Desde esta fin de semana, e baixo o lema 'En Marín, #ACulturaSegue', o Concello lanza pequenos vídeos nos que se resumen anécdotas e datos de interese sobre o pintor.
O primeiro vídeo, que xa se pode consultar nas redes sociais oficiais do Concello e na páxina web municipal, relata, ademais, unha situación que á veciñanza de Marín lle vai resultar moi familiar, pois conta como Torres viviu a pandemia de gripe de 1918, que tamén afectou á vida académica de Marín, polo que o pintor, que tamén era docente, puido centrarse na súa maior afección.
Este formato audiovisual quere funcionar como pequenas pílulas de cultura, que sirvan como entretemento durante estes días de confinamento, á vez que achegan novos coñecementos á sociedade sobre un artista imprescindible.
Relacionadas:
-
O Museo de Marín exporá creacións de Manuel Torres asociadas co Nadal
Por Redacción |
-
O Museo Manuel Torres de Marín, máis accesible
Por Natalia Puga |
-
Marín non esquece a súa historia durante a corentena e conmemora cun vídeo os 211 anos da liberación
Por Redacción |
-
A corporación marinense fai balance da batalla local contra a pandemia
Por Redacción |
-
O Museo Manuel Torres expoñerá a "Historia dos símbolos de España"
Por Redacción |
-
As camelias do pintor Álex Vázquez enchen de cor o Manuel Torres ata o 23 de febreiro
Por Redacción |