CantaJuego cancela as súas actuacións en Vilagarcía e reembolsará o diñeiro das entradas
Por Redacción
A promotora do espectáculo infantil CantaJuego comunicou ao Concello de Vilagarcía a cancelación das dúas funcións que tiña previsto realizar no municipio o próximo 2 de maio. A decisión adóptase como consecuencia da alerta sanitaria e xa se puxo en marcha o procedemento de reembolso do importe das entradas adquiridas.
Doutra banda, o goberno local recorda que toda a axenda cultural para os meses de marzo e abril do concello arousán está suspendida á espera de asignar unha nova data cando pase a crise.
A mesma intención teñen os promotores deste espectáculo infantil, que manteñen a súa intención de ofrecer este espectáculo ás familias vilagarciás. Desde CantaJuego destacan o esforzo que está a realizar a poboación polo ben común e lembran a importancia de cumprir as normas do confinamento así como de facerllo saber aos máis pequenos da casa.