Con moito humor e máis amor pola literatura: xa está aquí o Salón do Libro
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/cee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/5e62cf22de-.jpeg)
© Roberto Alonso Pereira
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/1f0/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5e62cf207e-.jpeg)
© Roberto Alonso Pereira
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/05f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5e62cf20cd-.jpeg)
© Roberto Alonso Pereira
Xa chegou o día que levaban un ano esperando amantes da literatura, lectores principiantes, familias e colexios. Este venres abriu as súas portas unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, unha cita xa imprescindible cada ano desde hai 21 que este 2020 terá o humor como temática principal e Italia como país convidado.
As portas do Pazo da Cultura abriron ás 19.30 horas deste venres, pero antes, como xa é tradición, os máis pequenos puideron gozar dun espectáculo inaugural que, nesta ocasión, estivo dirixido por Marcelo Dobode e contou con Soledad Felloza e NEE Barros como presentadores.
As intervencións da Xingro ́s Big Band, o Coro da Xunqueira 1 e Manuel Albariñas, agasallos e as risas que non podían faltar nun evento que xira arredor do humor completaron a oferta da actividade e lograron deixar moi bo sabor de boca para o que aínda está por chegar, tres semanas, ata o vindeiro 28 de marzo nas que humor e literatura irán da man.
Durante esta primeira fin de semana, non faltará a presenza de habituais do Salón como Baobab Teatro, que estreará o seu novo espectáculo 'Ris Ras', destinado a un público de 1 a 7 anos. O domingo haberá pase triplo ás 12.00, as 17.00 e as 18.30 e un prezo de tres euros.
Este sábado 7 chegará un dos clásicos do Salón que máis cativos atrae, o Libro Xigante, unha actividade na que ilustradores dan forma a contos inventados polos nenos para ser recompilados neste caso no quinto volume. Os interesados en participar poderán facelo en horario de mañá e de tarde sen inscrición previa.
Ademais, haberá unha sesión de contacontos do italiano afincado en Madrid Simone Negrín, que será de balde no anfiteatro do recinto feiral ás 12.30 e organízanse unha ser de actividades da comunidade italiana afincada en Pontevedra Mater Lingua.
Como novidade, este sábado tamén chegará o espectáculo de clown 'Nono'. de Pista Catro, de balde no anfiteatro ás seis da tarde. Esta actividade vai substituír á actuación 'Out of the blu' que figuraba no programa inicial.
Ademais, ás sete da tarde está programado o espectáculo musical de Odaiko 'Vaia circo' e haberá ás 17.30 unha actividade para bebés, os contos 'Corochas' de Atenea García. A primeira cita custara tres euros e a segunda será de balde.
Una morea de obradoiros chegarán o domingo con Ceo Aberto, Reviravolta, Taller Abierto ou Mater Lingua e tamén os contos con Simone Negrín e Polo Correo do Vento.
O público xuvenil e adulto poderá gozar co percorrido pola exposición 'Unha ollada ao comic galego' ás 11.30 horas do sábado e o domingo co vermú musical en Pavero Bar ás 13.00 horas e a sinatura de libros de Luis Davila ás 17.30.
Ademais, o sábado haberá actividades no Ganapán de O Mercado ás 12.00 horas e o domingo no Teatro Principal da man do Cineclube Ponteveda, coa proxección de 'A famosa invasión dos osos en Sicilia', para público familiar ás 19 horas. Terá entrada libre.
Inauguración do Salón do Libro Infantil no Pazo da Cultura de Pontevedra.
O Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra celébrase entre os días 6 e 27 de marzo e terá a Italia como país invitado.
© Roberto Alonso Pereira