O campus de Pontevedra celebra a semana da poesía con '6 días, 6 poetas'
A Casa das Campás acollerá, por terceiro ano consecutivo, a semana da poesía con '6 días, 6 poetas'. O campus de Pontevedra organiza o evento, de seis días de duración, no que poetas de diferentes lugares de España recitarán varios dos seus poemas.
Desde a vicerreitoría aseguran que para a selección de poetas seguiron dous criterios: calidade e accesibilade. Buscáronse poetas de renome que falen sobre temas cotiáns cos que o público se poida sentir identificado. Tamén mostran o seu entusiasmo por contar coa presenza de Javier Salvago, ao que consideran un dos precursores da poesía da experiencia.
El evento comenzará el lunes día 2 con el recital de Luis Alberto de Cuenca. Las audiciones durantes la semana serán a las 20:00 horas y contaremos con la presencia de Luis Alberto de Cuenca, Rocío Arana, José Mateos, Itziar Mínguez Arnáiz y Juan Ramón Barat. Javier Salvago, en cambio, estará o sábado ás 12:00 horas e lerá algúns dos seus poemas para dar por finalizada a semana da poesía deste ano.