Éxito de público na presentación en Cuntis do libro 'Eu son Carolina', de Javier Carballo
Por Redacción
A Casa da Cultura Roberto Blanco Torres de Cuntis acollía este venres a presentación de 'Eu son Carolina', un libro de Javier Carballo no que se analiza a vida da Bela Otero, denominación coa que se coñecía á artista Carolina Otero.
O alcalde de Cuntis Manuel Campos, a presidenta da Rede Galega pola Igualdade, Carmen Cagide e a maxistrada especialista en violencia de xénero, Paz Filgueira, acompañaron ao autor nesta presentación á que asistiu numeroso público.
Javier Carballo explicaba que esta obra tenta ofrecer unha nova visión sobre a figura de Carolina Otero, que pouco ten que ver coa que persiste na memoria colectiva.
Ao longo das páxinas deste traballo recóllese un profundo labor de investigación no que se atoparon datos sobre a figura desta artista, que foi unha adiantada ao seu tempo e que brillou en diferentes escenarios do mundo polo seu valor artístico, despois de abandonar a unha idade moi nova a súa localidade de nacemento, Valga.