O amor chega ao Auditorio da Sede Afundación en forma de ópera
O Auditorio da Sede Afundación recibirá os días 27 de febreiro e 13 de marzo a quinta edición do Festival de Ópera Cidade de Pontevedra.
Desde Afundación aseguran que este evento, celebrado cada ano, ofrece a oportunidade de gozar de grandes clásicos da ópera interpretados por artistas de nivel internacional.
Na presente edición, as obras que se interpretarán son La bohème, de G. Puccini, o día 27 de febreiro, e de L’ elisir d’ amore, de G. Donizetti, o 13 de marzo. Ambas as obras contan unha historia de amor, cheas de misterio e sorpresa.
Entre o elenco de intérpretes contarase coa presenza de personalidades destacadas no mundo da ópera como o coreano Alessandro Kim, a venezolana Mariana Ortiz, a peruana Ximena Agurto ou o moldavo Viktor Navitsky, entre outros.
Para todas aquelas persoas interesadas en asistir ao evento, a empresa xa puxo as entradas á venda a través da páxina web Ataquilla.com