A Banda de Música de Pontevedra suspende temporalmente a segunda parte do Ciclo de Butaca
Por Redacción
"Motivos estritamente administrativos" provocaron que a Sociedade Musical de Pontevedra, organismo que xestiona á Banda de Música, decidira que se suspende de maneira temporal a segunda parte do Ciclo de Butaca que se realizaba entre os meses de xaneiro e maio no Teatro Principal.
Segundo sinalan desde a xunta directiva, tanto as datas como o contido dos concertos previstos estaba pechado pero estes problemas de carácter administrativo relacionados co convenio que se asina de maneira anual co Concello, obriga a aprazar a actividade.
Desde a xunta directiva, a través dun comunicado oficial, pídense desculpas aos seguidores e esperan que se poida resolver esta situación no menor tempo posible para retomar a actividade habitual.