Sentida homenaxe ao músico Miguel Guerra no Principal
Por Diego Torrado & Redacción
O Coro Gospel Vida foi o primeiro en subirse ao escenario para render tributo a un dos músicos máis influentes durante as últimas décadas na actividade musical en Pontevedra, Miguel Guerra, o baixista que faleceu en 2019.
Baixo a organización de Carlos Rodríguez, amigos, familiares e admiradores de Miguel Guerra asistiron a un emotivo concerto homenaxe no Teatro Principal este sábado 11 no que participaron artistas como Mr. River, Antilia, José Churruca, Beco do Blue e os Black Stones, banda lendaria do rock pontevedrés fundada polo propio Miguel Guerra nos anos sesenta.
Tamén interviñeron Serafín Carballo e José Pernas, ademais do grupo formado para esta homenaxe Miguel Guerra & Friends. En total, máis de trinta artistas interpretaron temas e dedicaron palabras de agredicimiento a este músico amante do jazz, que colaborou en numerosos proxectos discográficos ao longo da súa carreira e que tamén foi profesor musical.
Relacionadas:
-
Os Black Stones soprenden cunha "bonita gamberrada", un concerto desde unha azotea, como o dos Beatles
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os Black Stones, o primeiro grupo de rock que actúa en "La Voz Senior"
Por Alejandro Espiño |
-
Mentres isto dure: Antilia abre a reformulación das noites de jazz en Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
VÍDEO.- Así soan as colaboracións de músicos pontevedreses durante o confinamento
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- A playlist de... Jose Churruca: músico e youtuber a tempo completo
Por Marisa Ciordia & Cristina Saiz |
-
30 músicos homenaxearán este sábado 11 ao desaparecido Miguel Guerra, fundador de Black Stones
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
O Teatro Principal acollerá un concerto homenaxe a Miguel Guerra en xaneiro
Por Redacción |
-
Os Black Stones celebran as súas vodas de ouro cun concerto no Liceo Casino
Por Redacción |