Regresan os Domingos do Principal con 7 espectáculos de clown, teatro, música e monicreques
Por Oskar Viéitez
A XXI edición dos Domingos do Principal, o festival de artes escénicas para toda a familia, botará a andar o vindeiro domingo 12 de xaneiro.
Os 7 espectáculos seleccionados con por Teatro Akatro que comprenden dende clown ata musicomedia xestual, terán lugar como vén sendo habitual en horario matinal ás 12:00 horas ou de tarde ás 18:30 horas.
O ciclo contará cun total de 17 pases, xa que tamén terán lugar 3 concertados con escolares de primaria.
Os abonos (21 euros + gastos) e entradas (4 euros+gastos) estarán á venda a partir deste luns 23 nas canles habituais, con excepción dos abonos que só poden mercarse online ou telefónicamente a través de Ataquilla.
- 12 de xaneiro "Só" de Xanpatito Pato (Galicia). Circo-clown
- 19 de xaneiro "Viaje al centro del cuerpo humano" de Spasmo Teatro (Salamanca). Teatro de humor xestual
- 26 de xaneiro "Concerto con fusión" de Píscore (Galicia). Musicomedia xestual
- 2 de febreiro "Nómades" de Xarope Tulú (Galicia) Teatro actoral e movemento
- 9 de febreiro "Universario" de Marcel Gross (Cataluña) Clown
- 16 de febreiro "Alicia y las ciudades invisibles" de Onírica Mecánica (Cartagena) Teatro visual obxectos e tecnoloxía
- 1 marzo "Vida" de Compañía Javier Aranza (Zaragoza) Monicreques
Relacionadas:
-
Alicia cambia o país das marabillas por cidades invisibles nos Domingos do Principal
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Marcel Gross transforma o Principal nun pequeno universo de letras vogais
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O 'concerto con fusión' de Píscore anima a xornada dominical no Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
E o público infantil fíxose máis pequeno para viaxar ao centro do corpo humano
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
A compañía coruñesa Xampatito Pato inicia outra exitosa edición de Domingos do Principal
Por Diego Torrado & Redacción |
-
'Só', de Xampatito Pato, abre os Domingos do Principal o vindeiro 12 de xaneiro
Por Redacción |