Ángel Peláez presenta a súa segunda novela, "Punto de giro"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
O realizador e guionista de televisión, Ángel Peláez Poyán presentou este venres no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra a súa segunda novela, "Punto de giro". Neste acto estiveron acompañando ao autor o editor Alejandro Diéguez, o escritor Rodrigo Cota e o xornalista Xabier Fortes.
"Nunha novela ou nun guion cinematográfico, o punto de xiro é un recurso narrativo que logra que, a partir dun momento determinado, todo cambie sorpresivamente e xa todo sexa radicalmente diferente", explica Ángel Peláez.
Iso é o que lle ocorre ao protagonista Marcelino Deza, "un pontevedrés moi normal cunha vida moi normal pero que nun momento determinado ocorreranlle cousas incribles que farán cambiar a súa vida cento oitenta graos".
Marcelino Deza é unha persoa con traumas infantís, un tartamudo que traballa nun banco, un tipo mediocre e pusilánime ao que a vida pon nun punto de xiro.
Practicamente o 90% da novela ten lugar en Pontevedra e o resto sucede entre Porto e Estoril.